O Atlético Bueu confirma os pronósticos ante o Garaysa(23-40)

O Atlético Bueu confirma os pronósticos ante o Garaysa(23-40)

O Garaysa Xiria non puido batallar o resultado no seu primeiro encontro da fase de clasificación, onde recibía na casa a un dos favoritos da categoría, o At. Bueu. 

Nos primeiros minutos as do Morrazo dominaban, acadando 4 goles de diferencia(2-6) aproveitando unha exclusión das verdes que non axudou para manter as cousas máis apretadas. O Xiria comezou bastante trabado no ataque, moi dificultado pola clara superioridade física das pontevedresas e a falta de acoplamento no xogo colectivo a estas alturas. A pesares diso, salientar que a pesar da diferencia no electrónico as locais non baixaron os brazos e loitaron un encontro na búsqueda da mellora e dar pasos adiante para afrontar esta temporada. As amplas diferenzas no electrónico prestouse ás probaturas de ambos conxuntos durante o xogo para premiar os esforzos da pretempada das xogadoras.

A vindeira semana as do Garaysa volven xogar no Vila de Noia, onde recibirán ó Bm. Arousa o sábado ás 10.30 h