Bo partido do Garaysa en Chapela

 

O pasado sábado o Garaysa Xiria desprazábase a Chapela, para enfrontarse a un equipo que lle puxo as cousas moi complicadas, durante a liga regular.

O Garaysa tiña neste partido a obriga de retomar sensacións, volvendo a ser un equipo intenso que lucha cada unha das accións. O partido comezou con unha mellora na defensa  3-2-1 dos carballeses, a pesares de uns pequenos desaxustes o comezo do encontro. Xa no ataque, os carballeses foron quen de xogar con criterio e darlle un sentido a cada acción que realizaban. De este xeito marchouse aos vestiarios con 10-16 no marcador.

A volta do descanso o equipo continuou co mesmo oficio. Unha defensa cada vez máis activa, que era capaz de falar e realizar os cambios de opoñente. No que se refiere ao ataque seguise a mesma liña, un ataque que non arriscaba, que estaba a tomar boas decisións e, a maiores, apoiados nunha mellora defensiva puideronse correr contras que fixeron que a distancia no marcador fose crecendo. De este xeito o partido rematou 19-31, nunha mellora de xogo considerable pois este equipo,Bm Chapela, sempre competiu moito os partidos nos que nos enfrontamos.

GARAYSA XIRIA 31 (16+15) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García (1), Alberto Rodríguez (4), Pedro Porteiro (1), Ángel Viña (7), Samuel Veiga (3), Erik Vázquez (4), Pablo Veiga (6), Xurxo Fraga (7).

BM CHAPELA 19 (10+9) Hugo Correa (3), Hugo Alonso (3), Pablo Álvarez (3), Guillermo Lago, Xoel Fernández (3), David López, Yago Raimundez (9), Ángel Pérez, Abraham Martínez, Aitor Vilas, Nicolas Diez