Bo partido do Garaysa Feminino a pesar da derrota

Disputaba o Garaysa Xiria Feminino, este sábado 3, o 10º partido desta liga fronte ao Bm Lucus. A pesar do que din os resultados este equipo vén mostrando unha imaxe cada vez mellor nos partidos, o obxectivo deste partido non era outro que seguir con esa melloría. Xa desde os primeiros minutos o Garaysa deixou claro ao Bm Lucus que para gañar ía ter que empregarse a fondo. A intensidade das carballesas foi moi alta, cun carácter que non afán mostrarnos. En defensa as xogadoras do Garaysa conseguían contactar en cada unha das accións, facendo que as xogadoras de Lugo (con maior calidade e potencia física) tivesen que traballar moito cada un dos seus ataques. En ataque a intención de cada xogadora do Garaysa era progresar, sen deixar nin un momento de tentalo. Esta intensidade de xogo fixo que as xogadoras carballesas se desgastasen aos poucos, o que propiciaba que as lucenses se distanciasen no marcador, mais a pesar dese desgaste non deixaron nin nun momento de loitar tanto en defensa como en ataque. O resultado final 13-25 non embaza para nada o bo traballo das xogadoras carballesas na mañá do sábado.

 

BM LUCUS 25 (14+11) Sara M.(8) , Sofía, Laura (4), Ángela (6), Julia, Sofía (7), Jennifer, Antía, Lucía, Claudia, Lara.

GARAYSA XIRIA FEMININO 13 (9+4) Lucía Lema [p], Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García, María Patiño , Coral Ruibal, Candela Couto(6), Natalia Cancela (3), Ana Pombo (3)