Partido igualado do Marmolería Jose Rey

O Marmolería Jose Rey recibía este sábado 3 ao Bm Lucus no pavillón do Ceip Fogar. O equipo carballés tiña como obxectivo seguir coa progresión dos pasados partidos. Con todo, nos primeiros compases do partido os xogadores locais estaban como o día, fríos. Unha defensa con pouco contacto permitía aos xogadores lucenses recibir continuamente o balón dentro dos 9 metros e conseguir situacións de lanzamento claras. No ataque, cada vez que non se arriscaba o balón, o equipo era capaz de atopar situacións de lanzamento. Así, ao descanso o marcador reflectía a superioridade lucense, 9-13. Na segunda parte o Marmolería saíu cunha maior intensidade defensiva propiciando paradas do porteiro local ou a recuperación de balón. As boas defensas xeraban rápidas contras, esta vez xogadas de maneira máis eficaz. No ataque posicional o equipo era capaz de abrir espazos para buscar penetracións. Con esta dinámica o equipo carballés igualo o partido, chegando a poñerse por diante no marcador. Con todo, uns malos minutos fixeron que o lucense volvese poñer terra polo medio, aí foi cando os nosos xogadores sacaron o carácter e volveron apertar o partido, desafortunadamente sen tempo para consumar a remontada. Un resultado final de 18-19 mostra a evolución destes xogadores que cada semana crecen como xogadores.

 

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 18 (9+9) Nicolás García, Samuel Regueira , Samuel Veiga, Oscar Tasende, Miguel Pérez, Pedro Porteiro, Alejandro Vázquez, Bruno Facal, Aaron Rodríguez, Erik Vázquez.

BM LUCUS 19 (13+6) Juan, Adrián, Brais, Esteban, Sergio, Pablo, Manuel, Samuel, Samuel R. , Brais, Adrian , Baldomero, Pedro, Miguel, Jorge, Henrique, David, Nicolás