Bo partido do Laber Xiria para gañar en O Rosal

Acanor Atlco. Novas 23 – Laber Xiria 38 (8-21)

Desprazouse o Laber Xiria a localidade de O Rosal para disputar un dos difíciles compromisos que lle quedaban esta temporada, a concentración e o bo facer dende o primeiro minuto fixeron que o Xiria disputase un encontro cómodo onde se veu unha das mellores versións deste equipo que dentro de tres semanas deberá xogar a Fase que da dereito a sisputa do Campionato de España.
Puxo de inicio o Laber unha defensa 6:0 con especial atención aos pivotes rivais, tras uns axustes defensivos onde o partido transcorría igualado 4-5 o Xiria pechou filas co seu porteiro e secou a faceta anotadora do rival, pegou un estirón no marcador cun 4 a 11 aos poucos minutos e logo mudou a defensa 5:1 que lle permitía recuperar máis balóns e colocarse cun 8 a 21 ao descanso.
Na segunda metade os carballeses levaron o partido a onde querían, evitando golpes e acción fortes para reservarse para vindeiros compromisos, pese a elo amosaron un xogo vistoso de ataque no que o Laber se gustou.
Dúas xornadas para o remate da liga, e o Xiria deberá certificar a vindeira semana a lo menos a cuarta praza diante do Seis do Nadal vigués

Acanor Atlco. Novas 23 (8): Damián Araujo, Carlos González 2, Carlos Nogales 2, Javier González, Sergio Sousa 1, Adrián Rodríguez 2, Rubén Pérez 2, Aitor Rodríguez 6, Marcos Pombal 1, Alejandro Dorado 2, Diego Coimbra, Raul Pereira 3 e Rubén López 2.

Laber Xiria 38 (21): Diego Lema, Pedro Pena (porteiros), Toni Calvelo 11, Carlos Varela 5, Pablo Esmorís 1, Fer Mallo 4, Mario Cancela 9, Diego Antelo, Martín Fuentes 3, Alex Puñal , Esteban Puñal 4, Adrián Mesejo 1.

Arbitraron: Roberto Trigo e Carlos Alonso