Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

BORJA TAJES FICHA POLO CALVO XIRIA

Borja Tajes, ata agora xogador do Bm Camariñas Conservas Boya, convértese no primeiro reforzo do Calvo Xiria cara a vindeira campaña na que o club carballés competirá na 1ª División…

Borja Tajes, ata agora xogador do Bm Camariñas Conservas Boya, convértese no primeiro reforzo do Calvo Xiria cara a vindeira campaña na que o club carballés competirá na 1ª División Estatal.
O polivalente xogador camariñán, que desenvolve o seu xogo tanto no lateral como no central, destaca tanto pola súa calidade individual como polo seu desplegue físico e nos últimos anos foi un dos xogadores sobranceiros da 2ª Nacional. Borja, de 22 anos, desenvolveu practicamente toda a súa carreira deportiva en Camariñas, tanto no Conservas Boya e como na Escola Municipal de Camariñas, agás unha temporada que xogou no OAR da Coruña na División de Honra B. Integrará así un vestiario no que terá como compañeiros a moitos do seus rivais deportivos de toda a vida cos que leva dende cativo disputando intensos choques tanto nas categorías de base como en categoría senior así como compartindo éxitos nas distintas seleccións galegas de base.

Máis sobre isto