Calvo Xiria e Construcciones Castro Lavadores xogan en Vigo polo liderato

Despois do mágnífico comezo de ano onde o Calvo Xiria derrotou a dous dos seus rivais directos de forma contundente e deixando constancia dun gran xogo, chega o partido co lider, Construcciones Castro Lavadores, onde os de Carballo queren rendondear o seu bo facer e conseguir de novo o liderado vencendo ao seu rival a domicilio. Non será unha empresa fácil ante un conxunto que permanec invicto e que posúe un serio potencial en todas as súas liñas, con xente que acumula moita experiencia mesmo en categorías superiores. A recado que o Calvo Xiria deberá de afianzarse, unha vez máis, no superlativo traballo defensivo que está a realizar e poñer en liza un alto ritmo de partido para desarbolar ao seu rival. A disciplina táctica no posicional e a continuidade do balón, serán básicas para poder superar o duro 6:0 dos olívicos. O Calvo Xira ten unha oportunida inmellorable para recuperar o liderado que perdeu xusto antes do parón do Nadal ante o Bueu e manter a distancia con respecto aos seus perseguidores na loita por eses dous postos que dan opción a disputar unha nova fase de ascenso.

Xa nas categorías base de División De Honra, os xuvenís, cadetes e Infantís maasculinos, volven a xogar este Sábado como locatarios, recibindo os tres conxuntos a visita do Academia Octavio. Para o Laber Xiria xuvenil, será unha boa oportunidade para seguir avanzando na clasificación e poñer distancias co seu adversario. No partido da primeira volta, o Laber caía nos derradeiros instantes, logo dun partido de idas e voltas no que non soubo ter a serenidade suficiente para impoñerse ao rival. Espera verse o bo momento dos carballeses especialmente en facetas defensivas. O partido dará comenzó as 12:45 no pavillón Vila De Noia.

Tamén no Vila de Noia pero ás 10:00, os cadetes do Grupo Lemaco Xiria empezan a xornada contra o Academia Octavio. A priori, o favorito para facerse cos dous puntos son os do Xiria; pero o Octavio, a pesar do que diga a clasificación é un bo equipo; que sabe ao que xoga e ademais teñen boa portería. O traballo na parcela defensiva e atopar o xogo coas segundas liñas no ataque será parte importante do partido. O acerto nos lanzamentos desde os 6 metros é o que determinará a diferenza entre os dous equipos. O domingo os do Grupo Lemaco Xiria, viaxan ata Abegondo para xogar un partido amigable para ir sumando minutos de competición. O partido será no pavillón San Marcos e xogarase ás 11:45.

Os infantís do Garaysa farán o propio as 11:30, nun partido no que o obxectivo é acadar os dous puntos e desa forma, sumar dúas vitorias consecutivas que den moita moral a plantilla. O Domingo, o equipo xogará no pavillón San Marcos de Abegondo un amigable con o Abegondo F40, un encontró máis para que osa rapaces sigan crecendo e adquirindo conceptos balomanísticos.

Na segunda División, o Marmolería J. Rey recibe o Sábado as 10:30 no Fogar ao BM Línea 21 ca iliusión de sumar dous novos puntos que sigan mantendo ao equipo de Carballo no alto da táboa.

Na División De Honra en categoría infantil feminina, o Punta del Este Xiria recibe na casa o Coreti Lalín. Presentase unha xornada complicada, xa que na primeira volta o Coreti Lalín non tivo piedade e gañou o Punta del Este Xiria cunha diferencia de 18 goles. Aínda así, nesta xornada as carballesas intentarán recortar o primeiro resultado e intentarán poñerllo difícil. O encontró xogarase o Sábado as 12:15 no Fogar.

Pola súa parte, as cadetes  do Hierros Varela Urbieta Xiria xogarán contra o Bm. Brigantium na Coruña. O partido disputarase o Domingo as 12:00 no pavillón de Novo Mesoiro. No partido de ida o resultado foi de 27-14 a prol das carballesas. Nestes intres as coruñesas atópanse no 5º posto da clasificación a 2 puntos do Hierros Varela Urbieta Xiria polo que o partido será moi importante para loitar polos postos altos da táboa.

Por último, a xornada 3 da categoría benxamín e alevín en BM5 e que foi aprazada no seu día por mor da condensación da pista, disputarase este Sábado no pavillón A Fontela de St. Comba nos seguintes horarios:

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa, x.3

Xiria Grupo Lemaco – Camariñas B (Aplazado)

Camariñas – Xiria Garaysa (Aplazado)

Ribadosar Alca – Xiria Telepizza Carballo 10:00h

Xiria Lista – Ribadosar.es 10:45h

Bm Xallas – Xiria Laber 11:30h

 

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa, x.3

Xiria Aislamientos San Juan – Ribadosar Alca Epsilon 10:00h.

Bm Xallas – Xiria Mr. Nutrición 10:45h

Ribadosar Alca Omega – Xiria TLM 11:30h

 

O Domingo 27/01, haberá unha Xornada Prebenxamín no pavillón Ceip Fogar ca participación dos clubes

Escolas Balonmán Xiria, BM Culleredo e BM Línea 21.