Calvo Xiria e Oar Coruña, un derbi que decide unha fase de ascenso

1ª Nacional masculina

Emocionante encontro o que se vivirá este sábado no Vila de Noia. Ás 20:00, Calvo Xiria e Oar Coruña, enfróntanse nun derbi con máis de dous puntos en xogo. A rivalidade no aspecto deportivo destes dous conxuntos, será un aliciente máis que engadir a un partido onde o Calvo Xiria podería ser matematicamente equipo de fase de ascenso.

Un Oar Coruña, que presenta en Carballo; un equipo diferente ao da primeira volta, Josep Quirós e Francesco Aragona, dúas primeiras liñas con capacidade para xogar en categoría superior incrementan a calidade do cadro coruñés.

O Calvo Xiria terá a todos os seus homes dispoñibles, para esta gran cita. As transicións e e a efectividade no xogo posicional, serán moi importantes no devir do encontro.

A nota emocional, xogará a cargo da afección. Que deberá facer vibrar o Vila de Noia, nunha tarde repleta de balonmán.

1ª Autonómica Feminina

O Goldie Xiria Carballo Turismo xoga este sábado ás 17:30 no CEIP Fogar o que, previsiblemente, é o último encontro dá tempada ante o BM. Caselas, rival ó que as carballesas aínda non se enfrontaran esta tempada.
Tralo punto acadado a pasada fin de semana en Ourense e tras varias semanas onde o Xiria está a demostrar o seu mellor nivel de xogo, as xogadoras están desexando poñer o broche á tempada cunha vitoria. O rival, que aínda non puntuo nesta última fase, tras caer derrotado ante CP Lucense e BM Pabellón, non o vai poñer nada doado. *É un conxunto con experiencia, que se desenvolve con eficacia en varios sistemas defensivos e que conta nas súas filas coa máxima goleadora do grupo.
As nosas non teñen que envexar ó conxunto visitante  e con todo o equipo dispoñible monstranse confiadas ante este último reto diante da nosa afección.

Categorías base

Os equipos infantís de Punta del Este Xiria e Garaysa Xiria desprázanse para xogar o domingo pola mañá; contra o Bm Rodeiro e Bm Reconquista, respectivamente. É a penútima xornada desta segunda fase, e os dous conxuntos queren referendar a gran tempada que están a facer.

Alevíns de Gallega de Mallas Xiria e Gestagua Xiria, queren seguir coa súa evolución no balonmán 7, no seu desprazamento a Culleredo, onde se enfrontan ao dous equipo locais.

E por último; seguen na competición de Bm5, nunha nova e intensa xornada, os equipos benxamíns de, Ópticas Auris Xiria que xoga o sábado no pavillón de Valle Inclán; mentres o domingo, Maquisaba Xiria, Telepizza Xiria e Garaysa Xiria que xogan en Abegondo.