O LABER XIRIA DISPUTA A FINAL FOUR XUVENIL ESTA FIN DE SEMANA

O Laber Xiria disputa esta fin de semana en Pontevedra a Final Four da liga galega xuvenil de balonmán. Esta Final Four enfronta aos equipos Bm Cisne,  Luceros, A.D.Carballal e Laber Xiria e vai a determinar os catro primeiros postos de esta liga galega.

Este ano debido a situación sanitaria a competición tivo unha organización distinta. A competición comezou con unha primeira fase, con 7 grupos de 4 equipos, fase na que o Laber conseguiu quedar primeiro. Logo, os dous primeiros equipos clasificados de cada grupo xogaron a segunda fase da competición, en 2 grupos de  6 equipos, neste grupo Ouro o Laber quedou en segunda posición. A partir de ahí os equipos que ían a disputar dita Final Four definíronse nuns cuartos de final que enfrontaron aos 4 primeiros clasificados dos dous grupos da fase anterior.

O conseguir clasificarse para a Final Four foi un dos obxetivos marcados para esta tempada, a partir de ahí, o desfrutar desta experiencia e o competir coa intensidade e gañas que se viña facendo  teñen que ser obxetivo para esta fin de semana. A maiores, os tres primeiros clasificados nesta Final Four accederán ao sector do Campionato de España de clubes.

Esta festa do balonmán comeza o sábado, día 1, cos seguintes partidos:

  • A.D Carballal – Luceros

Hora: 17:00h. Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra).

 

  • Cisne Colegio los Sauces – Laber Xiria

Hora: 19:00h. Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra).

 

Tanto os partidos da semifinal, coma os da final e terceiro e cuatro posto o domingo, xogaránse no Municipal dos Deportes de Pontevedra, con una aforo de 500 espectadores, polo que se espera un ambiente espectacular para poder disfrutar duns grandes partidos.