Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Iniciacion

Escolas Balonmán Xiria despediu o ano 2015 cunha xornada de convivencia cos equipos de Zas

Máis de 70 nenos e nenas de Carballo e Zas xuntáronse este mércores pola mañá no Pavillón do Fogar para vivir unha bonita xornada de convivencia onde houbo xogos, un…

Máis de 70 nenos e nenas de Carballo e Zas xuntáronse este mércores pola mañá no Pavillón do Fogar para vivir unha bonita xornada de convivencia onde houbo xogos, un campionato de Tenis de Mesa e un disputado Torneo de Balonmán.

Dende as 11:00 á 13:00 nenos e nenas de diferentes clubes aproveitaron a ocasión para practicar xuntos o seu deporte favorito, o balonmán. As risas e o bo ambiente foron unha constante durante toda a mañá, que rematou cos participantes esgotados pero con ganas de repetir a experiencia.

Con esta actividade, Escolas Balonmán Xiria poñía o colofón perfecto a un gran ano 2015, que deixa no recordo grandes momentos.

Toda a familia de E. Bm. Xiria quere aproveitar a ocasión para desexarvos unha boa entrada de ano e un FELIZ ANO 2016.

Máis sobre isto