Clasificado para cuartos de final da Copa Galicia o Grupo Lemaco Xiria A

Cisne Colegio Los Sauces B 17- Grupo Lemaco Xiria A 38 (9-21)

https://www.youtube.com/watch?v=OhsmwtGj2aE

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada do Grupo F da Copa Galicia cadete disputado no pavillón Multiusos da Xunqueira (Pontevedra)
Arbitraron: Cesar Carballo e Ismael Cochón do colexio galego.

Non tivo complicacións o Xiria para asegurar o seu pase aos cuartos de final ante un equipo, o Cisne B, que dende o inicio se viu superado polos carballeses. Dende as primeiras accións do encontro o Cisne era bastante inferior tanto física como en cada aspecto do xogo, o que se converteu nun partido onde o Xiria xogou comodamente co resultado e fixo probas de cara a vindeiros compromisos
Agora toca agardar rival para eses cuartos de final e rivais para o Play Off que da acceso a xogar a división de Honra

Cisne Colegio Los Sauces B 17 (9): Mateo Monteagudo, Antón Rodríguez, Manuel Hernández 1, Javier Costa 1, Adrián Lago 2, Yago Amoedo 1, Alejandro Arias 1, Iñigo Costa, Adrián Pérez 2, Alberto Sampredro 6, Román Latas, Roque Díaz, Guillermo Lariño, José Legeren 3 e Eloy Santos

Grupo Lemaco Xiria A 38 (21): Antón Pardiñas (p), Xurxo Fraga 8, Pablo Veiga 3, Marcos Amarelle 1, Manu Rey4, Hugo García 7, Ángel Villar 1, Pablo Suárez 2, Miguel Cambón 2, Manu Pérez 4, Dani Bello 6 e Chema Negreira