O Grupo Lemaco B perde ante un superior Luceros

Pizzería Baratto Luceros 51- Grupo Lemaco Xiria B 30 (25-18)

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada do Grupo E da Copa Galicia cadete disputado no pavillón de O Gatañal (Cangas)
Arbitrou: Juan Noya do colexio galego.

Difícil compromiso para un Grupo Lemaco Xiria que visitaba o pavillón de O Gatañal para medirse ao equipo local. A superioridade física dos cangueses pasou factura perante os 60 minutos a un Xiria que se viu desbordado tamén pola velocidade do rival.
Comezou o Luceros con presión defensiva sobre os primeira liñas do Grupo Lemaco o que precipitaba o xogo de ataque e provocaba perdas de balón transformadas en rápidas contras. Puido o Xiria tomarlle a medida ao encontro coa pausa no ataque evitando a precipitación, meténdose nuns intres no partido, pero en defensa non foi capaz de frear ao rival que foi tomando vantaxe no marcador e ampliándoa co paso dos minutos.
Proba de fogo para o segundo equipo cadete que se mediu a uns dos favoritos da presente tempada.

Pizzería Baratto Luceros 51 (25): Miguel Peixoto 6, Eloy Pérez 9, Gabriel Miranda 3, Mauro Sotelo 4, Gael Pais 1, Borja Fernández 2, Héctor da Cunha 9, Lucas Jiménez 6, Alexandre Dovhanyk 2, Antonio Rodal, Eloy Domínguez 9 e Adrián Chapela.

Grupo Lemaco Xiria B 30 (18) : Yago Sande [p], Henrique Traba 11, Álvaro García , Daniel Periscal 2, Diego Mourelle 8, Jorge Rodríguez 2, Marcos Suárez 4, Brais Suárez , Diego Barbeira, Simón Viña 3, Máxi Díaz , Lucas Amado e Aday Gómez .