Comeza o Calvo Xiria a segunda volta da liga
Da comezo a segunda volta da Primeira Estatal co derbi provincial entre o Calvo Xiria e o Oar da Coruña. Será no Pavillón Vila de Noia a partires das 18:00,…

Da comezo a segunda volta da Primeira Estatal co derbi provincial entre o Calvo Xiria e o Oar da Coruña. Será no Pavillón Vila de Noia a partires das 18:00, nun encontro no que será vital apoio dos seareiros verdinegros para levar aos seus a acadar os dous puntos en xogo.
Partido no que será vital minimizar erros e ter paciencia en cada ataque para acadar posicións vantaxosas de cara ao gol deben de estar no pensamento dos carballeses dende o asubío inicial, e por suposto non renunciar en momento algún ao contraataque baseado na anticipación defensiva.
E un pouco antes, ás 16:00 no Vila d e Noia, o Goldie Xiria terá unha nova xornada na 1ª autonómica feminina. xogando de novo en casa . Despois da derrota do pasado fin de semana contra o BM. Tui, as carballesas volven á carga coa intención de conseguir a primeira vitoria ante o BM. Lalín. Natalia e Jessica, aínda de baixa polas súas respectivas lesións, serán as únicas xogadoras que non estarán aínda dispoñibles para este envite.
Xogan este sábado en dúas canchas distintas o equipos da División de Honra. Os infantís e cadetes en Lavadores e os xuvenís en O Porriño. Comezarán os infantís ás 11:00 nun partido con clara cor carballesa xa que o seu rival é último e non conseguiu puntuar en ningún dos partidos disputados até agora. Deberá aproveitar os minutos, para que todos os compoñentes do equipo vaian collendo confianza no seu xogo, ritmo de competición e coordinar os sistemas de ataque e defensa. Para iso, o Garaysa sairá coa intensidade que require o partido, baseando o seu xogo na defensa e minimizando as perdas de balón. De seguido os cadetes, ás 12:00, teñen unha moi boa oportunidade de seguir a sumar puntos na procura de escalar postos na táboa clasificatoria, pois terán enfronte a o pechacancelas, intensidade defensiva e rigor na selección do lanzamento serán as premisas dos carballeses.
E no Porriño, ás 16:00, , o Laber Xiria, deberá de conseguir un novo triunfo ante un rival directo e nunha das pistas máis complicadas da categoría. Todo o que non sexa volver a Carballo cos dous puntos en xogo, podería relegar aos verdinegros á cuarta ou quinta praza da clasificación, de aí a transcendencia do encontro para seguir situados nos postos altos que outorga unha praza na fase que dá acceso ao campionato de España. Sergio Tasende, recentemente operado da súa lesión de xeonllo, será baixa e José Varela, dúbida por un forte proceso gripal. Os demais xogadores, estarán dispoñibles para este importante enfrontamento.
O domingo será a quenda para os dous equipos infantís de categoría territorial, masculina e feminina. Ás 11:30, no Colexio Liceo da Coruña; o Marmolería José Rey Xiria xoga contra o Liceo. Os dous equipos marchan igualados na táboa, polo que os carballeses tratarán de saír ben desde o asubío inicial, intensos en defensa e axudándose sobre os seus xogadores máis fortes; e en ataque mantendo a orde con moita mobilidade dos xogadores e sendo perigosos de cara a portaría.
Ás 12:30, no pavillón de Fontela de Santa Comba, as xogadoras de Punta del Este Xiria enfróntanse ao Bm Xallas A; parten como favoritas para levar os puntos en xogo, pero necesitan saír ben ao comezo dos encontros, empezando por concentrarse desde o quecemento e situarse no campo adecuadamente apoiándose unhas a outras a través do xogo colectivo e sendo verticais de cara a gol
