Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Cómoda vitoria para o Garaysa Xiria e derrota do Marmolería José Rey Xiria

Décimo terceira xornada de división de honra infantil, onde o domingo ás 10:00 os infantís do Garaysa Xiria recibían a visita do SAR de Redondela. A priori eran os favoritos…

Décimo terceira xornada de división de honra infantil, onde o domingo ás 10:00 os infantís do Garaysa Xiria recibían a visita do SAR de Redondela. A priori eran os favoritos para levar os dous puntos en xogo e así o amosaron os carballeses saíndo desde o asubío inicial con intensidade, realizando o seu xogo habitual, roubando balóns e correndo ao contraataque, até o 43 a 13 final.
Nada puido facer o conxunto visitante ante o dominio mostrado polo Garaysa, que xa pensa na próxima semana onde viaxa até Vigo para enfrontarse ao Lavadores, último clasficado da categoría.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Gabriel Folgoso Capelo do colexio galego.
Marcador cada 5 minutos: 4-1, 9-4, 12-5, 19-6, 20-6, descanso, 26-6, 30-6, 33-9, 40-10, 43-13.
GARAYSA XIRIA 43 ( 20 + 23 ): Pedro Pena [p], Carlos Varela (2), Mario Cancela (11), Daniel Mallo (7), Fernando Mallo (8), Diego Antelo (4), Julián García (6), Javier Rodríguez (2), Antonio Calvelo, Pablo Esmoris (3), Miguel Goimil.
SAR 13 ( 6 + 7 ): Pablo Sobral, Alex Martínez, Manuel Rodríguez, Daniel Virulegio, Gabriel Martínez, Adrián Alonso, David Rodríguez, Alan Castro, Pablo Sánchez, Manuel Pérez, Iago Docal.

Ás 12:00 sería a quenda para o Marmolería José Rey Xiria que recibía a visita do Bm Ártabro na primeira xornada da segunda volta da liga territorial infantil. Notou en exceso o parón de Nadal o conxunto carballés, onde non todos os xogadores se adestraron con normalidade, o que fixo que o nivel físico e competitivo do equipo baixase sobre maneira.
Custoulle arrincar ao Marmolería José Rey Xiria, moi desordenado tanto en defensa como en ataque, as accións individuais eran as que mantiñan o resultado igualado, chegando ao descanso 10 a 11 favorable aos visitantes que dominaban o encontro ante a falta de mobilidade local.
Na continuación, o Bm Ártabro saía a por o partido chegando a porse 4 goles por encima; e foi nese momento, onde o Marmolería José Rey Xiria espertou; o equipo empezou a traballar defensivamente máis unido e comunicativo, e en ataque todos os xogadores creaban perigo, o que desconcertaba a defensa visitante; tanto foi así, que ao seu adestrador, non lle quedou máis remedio que pedir tempo morto e cambiar a súa defensa a 6:0. Co partido igualado, a efectividade no lanzamento do cadro visitante era a que decantaba o partido ao seu favor, cun axustado 19 a 21.
Polo Marmolería José Rei Xiria xogaron, Andrés García, Anxo Canosa, Esteban Puñal, Alex Puñal, Alberto Suárez, Juan Martin Fajardo, Martin Fontes, Asel Cambón, Miguel Goimil, Pablo Esmoris, Javier Rodriguez, Darío Calviño [p].
Incidencias: Partido disputado non pavillón Carballo Calero ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: José Henrique Folgoso do colexio galego.

Próximo partido

Máis sobre isto