Comoda victoria para as rapazas do Punta del Este Xiria

O equipo infantil femenino viaxou a pasada fin de semana a Vigo para enfrontarse o Cafetería Tato Lavadores na décimo oitava xornada ligueira de División de Honra.

O xiria saíu ao encontro moi serio na faceta defensiva, con un 3:3 moi activo que non conseguían superar as xogadoras locais, que cometían númerosos erros de pase. As visitantes aproveitaban os erros do Lavadores para saír ó contragolpe e anotar con facilidade, tomando unha vantaxe importante no marcador. O partido chegaba ao descanso con un claro 6-18 a favor das carballesas que deixaban casi resolto o encontro.

Na segunda metade ambos equipos baixaron o ritmo, fruto do cansanzo e a calor que facía na pista. O xiria seguía a realizar un papel moi bo en defensa e castigaba ao rival con continuos contragolpes tanto en primeira como en segunda oleada. O partido remataba con unha clara victoria en favor das carballesas (14-33), que teñen agora descanso na próxima xornada. 

Cafetería Tato Lavadores (6+8): Aroha Fernández, Yaiza Ferreira, Luna Muschiato (1), Lorena Rodríguez, Ana Pérez, Petra Verde (1), Antía Fernández, Irene Lustres, Marta Santamaría, Sara Méndez (2), Adriana Barreiro (4), Noa Fernádez (6), Lia Domínguez e Laura Lama.

Punta del Este Xiria (18+15): María Porteiro (p), Carla Bello (p), Nerea Figueiras (1), Sara Rial (1), Lara Souto (10), Lara Hernández (12), Alba Pereiro, Sara Méndez (3), Cecilia García (3) e Leticia Santos (3).