Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Complicado duelo para o Calvo Xiria

Afronta o Calvo Xiria este sábado unha complicadísima saída ao Lalín Arena, no que se disputará un partido entre dous dos equipos que mellor inicio de liga están a ter.…

Afronta o Calvo Xiria este sábado unha complicadísima saída ao Lalín Arena, no que se disputará un partido entre dous dos equipos que mellor inicio de liga están a ter. Non será doado para os carballeses facerse cos puntos ante un conxunto que pasar por ter unha das mellores plantillas da categoría. Basea o seu xogo o conxunto do Deza na defensa e rapidez das súas contras, cun xogo posicional con moitas opcións dada a versatilidade da súa primeira liña.

Para os carballeses pasa todo por estar atinados na faceta defensiva e non cometer erros nas situacións cómodas de lanzamento, evitando en todo momento que os extremos locais poidan ter opcións de correr o contraataque. En resume, un partido que se presume igualado e dos que calquera seareiro desexa poder ver, será o sábado ás 19:00 horas en Lalín.

Pola súa banda, o Goldie Xiria visita o Novo Pavillón de Tui para enfrontarse ao equipo da localidade no duelo de conxuntos que aínda non estreou o seu casilleiro de puntos. As de Carballo tentarán referendar as boas sensacións deixadas no último encontro contra o Teucro e continuar a súa progresión de mellora. Sen Jessica e Diana, por lesión, o Goldie afrontará o envite ás 20:00h do Sábado coa ilusión de conseguir un bo resultado.

O Laber Xiria xoga o sábado, na pista central do pavillón As Travesas, o sexto partido de liga. Os carballeses viaxan co obxectivo de sumar dous novos puntos que lles permitan seguir invictos e no máis alto da clasificación, pero para iso terán que imporse a un difícil rival como é o Octavio. O encontro dará comezo ás 12:30 e polo conxunto de Xiria, é dúbida a participación de Juanca por lesión.

O Grupo Lemaco terá tamén coma rival ao Academia Octavio na sexta xornada de competición. A vitoria e as boas sensacións da semana pasada, fan que os xogadores afronten este encontro coa ilusión de conseguir a primeira vitoria a domicilio. Terán moito que ver as gañas e a intensidade defensiva e sobre o non perder balóns que propicien o contraataque do rival.

O domingo 30 será a quenda dos infantís do Garaysa Xiria, que se enfrontarán ao Nova Xestión Pavillón ás 12:00 no pavillón Central dos Remedios, na súa visita a Ourense.
Os carballeses que levan un bo inicio de tempada, pretenden seguir na senda da vitoria; para iso deberán manter a concentración ao longo de todo o partido para non cometer erros defensivos graves e ser disciplinados no contraataque. Fases do xogo ben adestradas e estrucuradas.

Máis sobre isto