Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Contundente vitoria no derbi provincial para o Garaysa Xiria

Quinta xornada da división de honra infantil masculina e quinta vitoria para o Garaysa Xiria, que segue con paso firme nesta competición. Nesta ocasión tocoulle ao Oar Coruña sufrir o…

Quinta xornada da división de honra infantil masculina e quinta vitoria para o Garaysa Xiria, que segue con paso firme nesta competición.
Nesta ocasión tocoulle ao Oar Coruña sufrir o ritmo de partido que impuxeron os locais; que demostran que son un equipo ben estruturado e conxuntado en todas as facetas do xogo.
Desde o inicio do partido o Garaysa Xiria non deixaba respirar ao ataque visitante que no primeiros dez minutos só conseguía anotar un gol. Cunha diferenza de 12 goles no marcador os locais relaxábanse nos instantes finais antes do descanso permitindo achegarse ao Oar ao 18 a 10.
Na continuación, os carballeses xogaron unha das mellores segundas partes no que vai de tempada, ben coordinados atrás e mínimas perdas en ataque posicional, o que permitiría a avultada vitoria por 44 a 17 final.

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria visita a pista do Nova Xestión Pavillón, en Ourense.
Incidencias: Partido disputado non pavillón Vila de Noia cunha entrada de 150 seareiros. Colexiado: Pedro Bermúdez do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Carlos Varela (17´, 20´) por parte local, mentras polo Oar Coruña foi castigado Antón Moguín (38´). / 7 metros: Garaysa Xiria 1/2 // Oar Coruña 2/2.

Marcador cada 5 minutos: 5-0, 10-1, 15-3, 16-7, 18-10, descanso, 25-11, 28-13, 35-14, 39-16, 44-17.

GARAYSA XIRIA 44 ( 18 + 26 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela (3), Mario Cancela (10), Daniel Mallo (10), Fernando Mallo (3), Juan Pereira (4), Diego Antelo (2), Julián García (3), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (3), Pablo Esmoris (4).

OAR CORUÑA 17 ( 10 + 7 ): Antón Moguín (10), Miguel Conde, Pablo De Prado (1), Fernando Carreira, Palacios Garrido, Álvaro Deus, Iván Vázquez, Ramón López (1), Antonio Ordoñez (2), Nicolás Pérez, Diego Piñera, Marcos López, Mateo Martín (3).

img-20161022-wa0010 img-20161022-wa0012 img-20161022-wa0011 img-20161022-wa0009 img-20161022-wa0008 img-20161022-wa0006 img-20161022-wa0007

Próximo partido

Máis sobre isto