O Grupo Lemaco Xiria estreouse na competición copeira da mellor maneira posible, xa que logrou unha ampla vitoria ante o Sar.
Grupo Lemaco Xiria 48 – 15 Sar BM
Grupo Lemaco Xiria (23+25): Máximo Andrés Dias, Álvaro García, Lucas Amado, José Manuel Negreira, Diego Mourelle, Yago Sande, Diego Barbeira, Henrique Traba, Brais Suárez, Simón Viña, Daniel Periscal, Marcos Suárez, Aday Gómez e Antón Pardiñas.
Sar BM (7+8): Miguel Vidal, José Jaime González, Lois Rodríguez, Guillermo Murillo, Román Lago, Manuel Vilas, Adrián Pérez e Guillermo Cal.
Árbitros: Ángel Mateos Alonso e Martina Regueiro Insua; e Leticia Álvarez Campos e Paula Calvete Cotelo como cronometradoras; todos do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada da Copa Galicia Cadete Masculina disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).
Encontro con moitas probaturas por parte dun Grupo Lemaco Xiria que mostrou unha gran superioridade dende o pitido inicial, demostrando que se está adaptando ben ao novo sistema que lle está a propoñer Adrián Dubra.
O gran traballo feito a nivel defensivo polos xogadores locais supuxo que o Sar non fose quen de atacar con comodidade nin encontrar opcións claras de gol e tamén que sufrise con gran frecuencia os contragolpes dun equipo que se mostrou letal de principio a fin e de aí o abultado resultado que deixou o marcador final.

