Unha vitoria e unha derrota para o Laber Xiria B no Torneo Festas de Culleredo 2021

O pasado sábado, o equipo xuvenil Laber Xiria B desprazouse a disputar o Torneo Festas de Culleredo, onde se enfrontou aos conxuntos do Finetwork Gijón nuns partidos nos que contou cos xuvenís Álex Vázquez e David (porteiros) Samuel Regueira, Ángel Viña, Bruno e Nico; e cos cadetes Pablo Veiga, Erik, Marcos, Xurxo, Manu Rey e Dani Bello; quenes lograrían unha vitoria ante o Finetwork Gijón B e acabarían caendo ante o equipo A dos asturianos.

Finetwork Gijón B 12 – 26 Laber Xiria B

No primeiro choque ante o Finetwork Gijón B, os carballeses deron conta do seu rival claramente, o bo xogo combinativo de ataque con moi bo porcentaxe no lanzamento á portería e a defensa 6:0 sólida ben arroupada polos porteiros, foron suficientes para amosarse superiores ao rival e lograr unha vitoria con certa comodidade.

Finetwork Gijón A 30 – 11 Laber Xiria B

No segundo enfrontamento, a superioridade física dos asturianos quedou evidenciada nos primeiros minutos, o Xiria víase incapaz de frear o ataque rival que materializaba practicamente cada acción, a maiores a anticipación e sobre todo o porteiro do Gijón freaban en seco os ataques dos carballeses, o que fixo que caesen con contundencia.