Vitoria do Punta Del Este Xiria na súa estrea na categoría infantil feminina

A disputa da primeira xornada da 2ª división infantil feminina, levaba os primeiros dous puntos ao marcador do Punta del Este Xira que na súa visita a Novo Mesoiro derrotaba ao BM Ártabro por un claro 8 a 16.
Saían moi nerviosas as xogadoras carballesas e pouco concentradas nas tarefas a realizar para sacar o partido adiante, o que permitiu ao seu rival iniciar cun marcador favorable.
Despois duns axustes defensivos, e grazas ao traballo colectivo apoiado polo bo facer da portaría permitiu as visitantes porse por diante e chegar ao descanso 5 a 8.
Na continuación, as carballesas xogaban os seus mellores minutos do partido recuperando balóns e saíndo ben ao contrataque. Os cambios permitiron á Punta del Este Xiria manter as diferenzas até o final ante un equipo local moi fatigado.

Na seguinte xornada o Punta del Este  Xiria, recibirá a visita do BM Xallas A.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Novo Mesoiro cunha entrada de 100 seareiros. Colexiado: Wallace Moreira De Salles do colexio galego.

BM ÁRTABRO 8 ( 5 + 3 ): Celia Fuentes, Sara Fuentes, Laura Vidal, Eva González, Sarai López, Marta Fernández, Lara Rivas.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 16 ( 8 + 8 ): Anna María [p], Marta Gómez, Lucía España, Lara Otero, Alba García, Nerea Varela, Valeria Figueroa, Elena Collazo, Ana Pombo.

 img_6126 img_6131 img_6134 img_6137 img_6138