Derrota do Garaysa ‘A’ ante o líder

Derrota do Garaysa ‘A’ ante o líder

O Garaysa A plantoulle cara ao líder invicto da competición nun partido que se decidiu nos últimos 10 minutos.

As Casiñas Luceros 42 – Garaysa Xiria A 34

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (2), Quintín Insua (6), Rodrigo Rama (2), Lucas Radio (7), Brais Sánchez (6), Roi Pérez, Héctor Castro (2), Gael Romero (1), Sergio Pérez (8) e Marco Núñez (1).

Incidencias:  Partido correspondente á 12ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

Chegaba a 12ª xornada da Liga Ouro infantil masculina e o Garaysa recibía ao líder da categoría, o Luceros, que viña invicto con 22 puntos na táboa, polos 18 dos de Carballo.

O encontro non podía comezar mellor para os carballeses, que cun gran ataque e xogo sen balón descifraba perfectamente a defensa 3:3 dos cangueses, que no minuto 10 paraban o encontro. A partires de ahí, o Luceros reaccionaba e cambiaba a súa defensa (5 :1) e metíase no partido. Chegados aos 5 últimos minutos da primeira metade, os visitantes apretaban e conseguían coller vantaxe ao descanso.

A segunda metade foi moi semellante á primeira onde Garaysa saliu moi enchufado e a falta de 15 minutos conseguía empatar o encontro. A partires de ahí, os cangueses foron unha apisonadora, e o Xiria non soubo reaccionar. 

O partido concluía cun 34-42 a favor dos visitantes, nun final onde os de Carballo cometeron moitos erros debido á presión por querer remontar.

A vindeira semana, o Garaysa A visita unha difícil pista, a do SD Teucro.