Derrota do Garaysa Xiria na pista do Balonmán Cangas

Bo partido por momentos do Garaysa, que non foron suficientes para superar a un dos favoritos da categoría.

Pizzería Baratto Bm. Cangas 41 – Garaysa Xiria 30

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Hugo Rama, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 4ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón de O Gatañal (Cangas).

Comezaba o partido no Gatañal cun Cangas moi rápido nos seus ataques e cunha defensa 3:3 moi aberta onde o Garaysa non se sentía nada cómodo. Pasaban os minutos e os cangueses conseguían distanciarse no marcador e irse ao descanso cun 11-18 no marcador.

No comezo da segunda metade viuse ao verdadeiro Garaysa Xiria, con movilidade sen balón e correndo todos os contrataques, que lle permitiu porse 20-17 no marcador grazas a un parcial de 2-6. A partires de ahí, o equipo local puxo terra de por medio e non dou opcións á reacción dos de Carballo, para acabar o partido cun +11 final.

A próxima fin de semana haberá parón nas ligas infantil, cadete e xuvenil.