Derrota do Grupo Lemaco A en Vigo diante do Carballal

A D Carballal 34 – Grupo Lemaco Xiria 31 – (15-15)

Non soubo estar no nivel esperado o Grupo Lemaco A ante un rival intenso e que en ningún momento cedeu ante os de Carballo.
Apostou por unha defensa moi aberta o Xiria e co transcorrer dos minutos volvéuselle encontra por esgotamento e por non roubar balóns para a contra. Moito máis centrados en defensa os xogadores vigueses, e sobre todo máis duros nas súas accións, non permitían ao contrarios estar cómodos no ataque, o Grupo Lemaco errou demasiado ante o porteiro rival, non aproveitando as numerosas ocasións onde o rival cedía espazos na defensa.
O Carballal xogou ben o seu ataque, con paciencia e agardando a posicións claras de lanzamento onde os porteiros do Xiria pouco podían facer, foi un partido igualado no que os derradeiros minutos decidiron en favor dos vigueses.
A falta dunha xornada o Grupo Lemaco recibirá ao Atlántico, unha vez que xa está clasificado para a loita polo Play Off final.

A D Carballal 34 (15): Diego Otero, Iago García 5, Javier Zambrana 2, Alberto Terleiro 7, Anxo Fernández 6, Anxo Barciela, Nicolás Docampo 10, Elias Silva, Hugo Alonso 4.

Grupo Lemaco Xiria A 31 (15): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 1, Alberto Rodríguez 1, Nicolás García 4, Xurxo Fraga 3, Samuel Regueira 2, Marcos Amarelle 1, Manu Rey 8 e Pablo Veiga 11

Arbitraron: Pedro Erias e Alejandra Reinaldo