Derrota para o Sénior B en Moaña

Viaxaban os carballeses a  Moaña sendo capaces de competir os últimos dous partidos a un bo nivel. De este xeito o obxetivo do partido era competir e mostrarse combativos de principio a fin co rival.

LIRON BM MOAÑA 32 – BALONMÁN XIRIA B 21

O comezo do partido foi moi malo por parte dos carballeses, totalmente desconectados, faltos de intensidade e de concentración e isto facía que xa dende o comezo os de Moaña conseguiran unha renta considerable no marcador. Moi pouca continuidade e sen conseguir frear traxectorias e o brazo do oponente facía que se marchase ao descanso 19 -11 para os locais.

Na segunda metade os carballeses xa amosaron outra imaxe, tentaron xogar o balón de maneira rápida buscando xerar espazos na defensa rival e na defensa aumentaron o nivel de contactos e o nivel de axudas entre xogadores. Así a pesar do resultado final a sensación final mellorou o mal comezo do partido