Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clubeXuvenil masculino

Dura derrota para o Montaxes Carballo

O Montaxes chegaba a este partido con unha boa dinámica, con todos os partidos con moita igualdade pero sabendo competir en todos eles. Este partido antoxábase moi competido contra un…

O Montaxes chegaba a este partido con unha boa dinámica, con todos os partidos con moita igualdade pero sabendo competir en todos eles. Este partido antoxábase moi competido contra un rival moi compricado pero se os carballeses se amosaban regulares conseguirían ter un partido reñido.

MONTAXES CARBALLO 27 – BM CULLEREDO SWEEPEND 37

O partido comezaba igualado con ambos equipos medíndose , con pequenos erros, pero con un ritmo moi parexo. Sen embargo mediada a primeira metade un Montaxes Carballo con moitos erros e precipitacións, sen ser capaz de desprazar a defensa dos de Culleredo e a falta de un repliegue defensivo facía que os de Culleredo puxeran terra de por medio no marcador. Con todo, un pequeno arreón o final da primeira metade facía pensar que na segunda metade os de carballo ían a engancharse ao partido.

Na segunda metade, lonxe de engancharse ao partido o Culleredo conseguía rentas cada vez maiores, a partir de cruces e fixacións na zona central facían moito dano aos carballeses que no ataque estaban moi atascados e tan só buscaban solucións na zona central. A partir de ahí o partido foi para os de Cullerdo que foron mellores, toca aprender dos erros e traballar máis.

Máis sobre isto