Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Infantil masculino

Derrota do Garaysa Xiria A en Abegondo

Unha mágoa o resultado final do Garaysa Xiria A na Liga Ouro, nun partido moi disputado de principio a fin. Ata Abegondo se desplazaban o domingo pola mañá para enfrentarse…

Unha mágoa o resultado final do Garaysa Xiria A na Liga Ouro, nun partido moi disputado de principio a fin.

Ata Abegondo se desplazaban o domingo pola mañá para enfrentarse ao equipo local. Nun inicio de encontro algo irregular dos carballeses, o equipo local comandou no electrónico durante os primeiros intres pero, pouco a pouco, os verdes foron soltándose ata conseguir voltear a situación (16-17, ao descanso). Na reanudación, a doble expulsión que se produxo no encontro perxudicou máis no equipo carballés, que non tiña moita rotación na primeira liña e rematou por descentrar un pouco aos do Xiria, momento que aproveitaron os locais para abrir a brecha definitiva (32-26).

A próxima semana recibirán na casa á SAR de Redondela.

Próximo partido

Máis sobre isto