O Garaysa Xiria ‘A’ imponse a Teucro e Porriño con dous bos partidos a nivel ofensivo.
Garaysa Xiria A 39 – Sd Teucro Uniwash 26
Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (8), Quintín Insua (4), Rodrigo Rama (4), Lucas Radio (7), Brais Sánchez, Roi Pérez (1), Héctor Castro (3), Gael Romero (3), Sergio Pérez (7) e Marco Núñez (2).
Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo)
O encontro comezou moi intenso por parte dos dous equipos, onde os de Carballo, con moita máis intensidade atrás, conseguiron dende o inicio coller unha pequena vantaxe no marcador. A primeira metade continuou coa mesma dinámica, e igual de axustada ata o final.
A segunda parte, logo de chegar ao descanso cun 15-12 favorable, foi totalmente local, que grazas a un gran nivel ofensivo conseguiu irse de máis de 10 goles e cerrar o partido cun 39-26.
Balonmano Porriño A 25 – Garaysa Xiria A 46
Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (2), Quintín Insua (3), Rodrigo Rama (10), Lucas Radio (3), Brais Sánchez (2), Roi Pérez (2), Héctor Castro (5), Gael Romero (7), Sergio Pérez (8) e Marco Núñez (4).
Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de Porriño (Porriño).
O domingo era o turno da xornada 5 da Liga Ouro infantil masculina, e o Garaysa viña coas pilas cargadas logo da vitoria do venres ante o Teucro e non quixo sorpresas. Os de Carballo comezaron o partido concentrados e non dando opción á sorpresa. No ecuador da primeira metade, os visitantes xa dominaban o partido por 10 goles, e iso fixo que o encontro fóra menos intenso que o habitual.
A segunda metade foi máis do mesmo, e xa co partido sentenciado, o Garaysa cerraba o encontro cun 25-46 a favor e sumaba outros 2 puntos para colocarse con 8 de 10 posibles.
A vindeira semana o Garaysa Xiria disputará o derbi ante o Balonmán Culleredo en Carballo.


