Doce partidos na fin de semana para Escolas Balonmán Xiria

Disputa a 13ª xornada da liga de 1ª Estatal o Calvo Xiria na súa casa, o Vila de Noia ás 18:00, fronte ao Granitos Ibéricos ca obriga de acadar a vitoria ante un rival máis perigoso do que semella se temos en conta o seu posto na táboa clasificatoria, penúltimo con tres puntos, xa que está a mellorar as súas prestacións nas últimas xornadas logo de cambiar de adestrador. De novo a convocatoria do Xiria será unha incógnita ate o derradeiro momento, pois á baixa segura de Javier hai que engadirlle as posibles de Ramón e Manuel, por motivos laborais, Cuco e Pablo por molestias e Naya aínda en proceso de readaptación e que acaba de recibir a alta médica. Con este panorama, de novo o xuvenil Iván Campos será da partida en sénior en detrimento do equipo xuvenil que ten o seu partido tamén o sábado pola tarde en Porriño. O que non variarán serán as armas dos carballeses para acadar os dous puntos: defensa e moita velocidade nas transicións, tentando continuar ca mellora na finalización amosada a pasada fin de semana na Cañiza.

Na Primeira Autonómica Feminina, o Goldie Xiria viaxará ata Vigo para medirse ao actual líder o Carballal. Difícil compromiso para as carballesas que deberán sair moi concentradas de inicio para non verse sorprendidas pola velocidade de xogo e demoledor contraataque do rival. O obxetivo principal será aguantar no partido o tempo maior posible e atacar con maior peligrosidade de cara a gol. Viaxa o Goldie coas ausencias de Sara Pombo e Juana.
Nova xornada nas categorías alevín e benxamín de minibalonmán que se xogará en Camariñas no Pavillón do Areal, os partidos e horarios serán os seguintes:
Alevín:
10:30 Ifecgas Pereira Xiria – Bm Camariñas A
11:15 Alca B – Lk Xiria
12:45 Punta del Este Xiria – Bm Xallas
Benxamín:
10:30 Alca A – Grupo Lemaco Xiria
11:15 Laber Xiria – Bm Camariñas B
12:45 Oak English Centre Xiria – Ribadosar.

Pola súa banda,os cadetes e xuvenís de Escolas balonmán Xiria, exercerán como visitantes na xornada nº 11 da división de honra e enfrontaranse ao BM.Porriño no pavillón municipal da localidade. Nesta ocasión, os primeiros en entrar en escea serán os xuvenís do Xiria Laber, concretamente o vindeiro sábado ás 18:00 da tarde.  Os carballeses, que estrean a segunda praza da clasificación, deberán de facer un gran partido si queren sumar dous novos puntos que lles manteñan no máis alto, xa que o BM.Porriño estase amosando como un duro rival no que vai de liga, sobre todo cando actua como local. Os de Carballo contarán ca baixa de Dani Buño por lesión e Iván Campos, convocado co equipo senior de 1º nacional. O Grupo Lemaco, terá unhas dificultades similares contra os cadetes porriñeses, xa que este conxunto está a ofrecer unha gran regularidade na competición, contando nas súas filas con xogadores certamente destacables. O partido disputarase ás 19:45 do próximo Sábado. No equipo de Xiria, segue sendo baixa por lesión Sergio Pombo.

Os infantís de D.H. do Garaysa Xiria xogan o seu encontro o Domingo 14 ás 11:30 no Pavillón Novo de Tui. O equipo agarda sumar os dous puntos contra un rival, o Bm. Tui, que chega coma 10º clasificado con só dous puntos menos que os nosos. Salvo a xa coñecida baixa de Urbieta o equipo agarda contar con todos os seus efectivos.

O Marmolería Jose Rey de Territorial continúa pelexando por un posto que lles permita xogar a liga polo ascenso. Para elo resulta importante sumar unha nova vitoria este Sábado contra o Bm. Arteixo. O encontro será ás 16:30 no Pavillón Vila de Noia e o equipo conta coa baixa por enfermidade de Juan Pereira.