Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Dominio dun excelente Garaysa Xiria

Duelo de invictos en Carballo entre o Garaysa Xiria e o Cisne de Balonman na xornada 8 da división de honra infantil masculina; onde o Garaysa Xiria realizaría o mellor…

Duelo de invictos en Carballo entre o Garaysa Xiria e o Cisne de Balonman na xornada 8 da división de honra infantil masculina; onde o Garaysa Xiria realizaría o mellor encontro até a data para gañar con contundencia ao bo equipo equipo pontevedrés.
Desde o inicio, os de Carballo manexarían o ritmo do encontro traballando e correndo conxuntamente na parcela defensiva que lle permitiría roubar balóns e subir rápido ao contraataque para establecer un 5 a 0 de parcial e obrigar ao adestrador visitante a pedir un tempo morto.
Modificaba o seu ataque o Cisne e saía a xogar con dous pivotes o que sorprendería nos primeiros intres; pero ben axustada a defensa volvía complicarlle a vida aos visitantes que non atopaban espazos e cada vez que tentaban circular o balón roubábanllo. O desgaste era notorio nas filas locais pero os cambios non cambiaban o panorama do partido; os xogadores tiñan claras as tarefas a realizar e todos tiñan ganas de achegar traballo e esforzo. Chegábase ao descanso con 23 a 11 e o partido sentenciado.
O Cisne tentaríao na continuación, pero o equipo carballés moi concentrado durante todo o partido non baixaría os brazos en ningún momento o que levou o marcador ao avultado 39 a 23 final.

Na seguinte xornada o Garaysa Xiria viaxa até Vigo para enfrontarse ao Seis do Nadal.
Incidencias: Partido disputado non pavillón Vila de Noia cunha entrada de 150 seareiros que non pararon de animar en ningún momento ao seu equipo. Colexiado: Óscar Fernández Rodríguez. Castigou con exclusión polo Garaysa Xiria a Juan Pereira (5´) e Antonio Calvelo (10´), namentres polo Cisne de Balonman foi sancionado Carlos Álvarez (15´). 7 metros Garaysa Xiria 1//2 Cisne de Balonman 2//3.

Marcador cada 5 minutos: 4-0, 6-2, 8-4, 16-5, 23-11, descanso, 27-13, 30-17, 34-19, 36-20, 39-23.

GARAYSA XIRIA 39 ( 23 + 16 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (2), Carlos Varela (2), Mario Cancela (12), Daniel Mallo (4), Fernando Mallo (6), Juan Pereira (4), Diego Antelo (3), Julián García (4), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (2), Pablo Esmoris (2).

CISNE DE BALONMAN 23 ( 11 + 12 ): Carlos Álvarez, Miguel Jimenez, Javier Sierra, José Ángel Bueno, Diego López, Nuno González, Eduardo Costa, Miguel Silva, Roman Arboleya, F. Álvarez, D. Goicochea, B. Fernández, Rafael Logroño.

Próximo partido

Máis sobre isto