O Laber Xiria imponse ás adversidades para continuar invicto

Se non fose suficiente coa categoría do rival, o Laber Xiria tivo que superar tamén un cúmulo de adversidades ao longo dos sesenta minutos do partido ante o BM. Cisne de Pontevedra. A descualificación de Andrés Vila no primeiro tempo, a cantidade de minutos xogados cun e dous menos (un total de doce exclusións) e a ansiedade, foron factores que puxeron as cousas moito máis difíciles nun partido, xa de por se, tremendamente complexo. O 6:0 dos de Carballo non funcionaba no día de hoxe e os visitantes facían moito dano nos lanzamentos afastados ante a falta de contacto nos nove metros e no 1×1, mostrándose moi superiores nesta faceta. A pesar diso, Antonio mostraba un nivel notable na portería e a solvencia en ataque mantiña ao Xiria por diante no marcador ao longo do primeiros trinta minutos (15-12). Quedaba moito por sufrir e é que, aos dez minutos de renovada a contenda, o conxunto pontevedrés tomaba por primeira vez a dianteira no electrónico. Cando peor pintaba a cousa e con dous menos no campo, o equipo carballés, dunha maneira épica, conseguía darlle a volta ao marcador e xa, en igualdade numérica, lograr unha diferenza de tres goles que daban tranquilidade a pouco tempo do final. A mellora en defensa e o acerto de Roi, Carlos e Andy nestes minutos finais, foi clave, tomando a responsabilidade ante a defensa presionante que sufría Juan Carlos durante toda a segunda parte. A vitoria fai posible que o Laber Xiria siga invicto e liderando o campionato e que inicie esta escalada de partidos contra os equipos de arriba de forma positiva. A semana que vén haberá que viaxar a Vigo, alí espera o Seis Do Nadal, único conxunto que co Xiria mantense invicto en liga e que xunto aos bergantiñáns é colider na clasificación. Sen dúbida, un partido duro e vibrante co liderado en xogo.

Laber Xiria: 32 (15+17). Antonio Mato (p), Manuel Souto (p), Samuel Castiñeiras (p), Santiago Oreiro, Carlos Vilanova (7), Juan Carlos Rodríguez (10), Francisco Rey (4), José Varela, Andrés Vila (2), Ronaldo Durán, Andy Rey (4), Roi Alfeirán (5), Sergio Tasende, Manuel Sánchez.

Cisne: 28 (12+16). S. Pontanilla, Gonzalo Pazos, Daniel GonÇalves, Javier Torres, Marcos Blanco (3), Roque Arias (7), Daniel López, D. De La Iglesia (2), Álvaro Preciado (10), Alberto Donato (3), Alejandro Conde (3)

Colexiados: Andrea Argibay e Andrea Fernández. Excluiron con dous minutos a Santiago Oreiro (2), Carlos Vilanova, Francisco Rey, Andrés Vila (descalificación), Ronaldo Durán, Andy Rey e Roi Alfeiran (2) polo conxunto local. Nos visitantes, foron excluidos Javier Torres e Daniel López.

Incidencias: Enontro da sétima xornada da liga de DH xuvenil masculino, disputado no Vila De Noia ante douscentos siareiros de ambos os conxuntos.

Fotos do partido:

destacada-2

dsc_0349

dsc_0352

dsc_0357

dsc_0359

dsc_0360

dsc_0361

dsc_0364

dsc_0366

dsc_0367

dsc_0372

dsc_0378

dsc_0387

dsc_0391

dsc_0395