O Grupo Lemaco Xiria cede os duos puntos diante do Cisne

Grupo Lemaco Xiria 30 – Balonmán Cisne 36 (13-16)

Deu demasiadas facilidades o Xiria, con moitos desaxustes defensivos e incapaz de controlar aos xogadores rivais permitíndolles lanzar en cómodas situacións, o que aproveitou o Cisne para facerse coa vitoria.

Nunha primeira metade igualada o Grupo Lemaco resolvía en ataque, con boas combinacións e abrindo espazos para as penetracións dos primeiras liñas, pese a que os balóns non chegaban con opcións aos extremos, pero cedía moito en defensa e en portería, todo o que se conseguía en ataque compensábase con erros defensivos, o Cisne marcaba en cada opción de lanzamento a portería. Esa igualdade rompeuse nos derradeiros cinco minutos da primeira metade onde o Xiria encaixou un parcial de 0 a 5.

Con trinta minutos por diante, quedaba moito por resolver, o Grupo Lemaco achegouse no marcador e por momentos parecía ir polo partido, pero volveron os erros defensivos acompañados por demasiada precipitación no ataque, que facía que os pontevedreses do Cisne, seguiran a marcar ante a pasividade da defensa local nas accións individuais.

Dura derrota para o Grupo Lemaco Xiria ante un directo rival que amosou máis saber estar e  oficio durante os 60 minutos de partido.

A vindeira semana o rival será o Seis do Nadal, o partido disputarase en Vigo.

Grupo Lemaco Xiria 30 (13): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 1, Alex Gómez 16, Pedro Pereira 4, Iago Rincón 1, Renzo Díaz, Xurxo Díaz, Adrián Mesejo, Franco Rial 1, Brais Vila 6, Andrés Urbieta 1, Mario Rincón, Paulo Collazo, Manuel Varela e Diego Rodríguez

Balonmán Cisne 36 (16): Muñoz García e Anxo Fraga (porteiro) , Carlos Costa, Carlos Alvarez 6, Juan Cuenca 2, Sergio Alvarez 5, David Sineiro 10, Manuel Suárez, Mateo Arias 2, Diego García 4, Jaime Puga, Jaime Díaz, Andrés López 1 e Diego Rua 6

Marcador cada 5 min: 3-3 / 5-6 / 7-6 / 9-8/ 12-11 / 13-16/ 14-18 / 17-20 / 21-25/ 24-28/ 27-32/ 30-36

Arbitraron: Andrea Argibay e Oscar Fernández, excluíron a Iker Martínez, Pedro Pereira e Brais Vila polo Xiria e a Mateo e a Diego Rua polo Cisne