Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

Dous puntos para o Grupo Lemaco diante do Reconquista vigués

Balonmán Reconquista Vigo 28 – Grupo Lemaco Xiria A 42 – (8-22) Na recta final da competición de Liga o Grupo Lemaco Xiria resolveu seu compromiso en Vigo sen dificultades…

Balonmán Reconquista Vigo 28 – Grupo Lemaco Xiria A 42 – (8-22)

Na recta final da competición de Liga o Grupo Lemaco Xiria resolveu seu compromiso en Vigo sen dificultades ao amosarse superior ao Reconquista dende o primeiro minuto.
Moi concentrado no sistema defensivo 6-0 e coa premisa de saír con velocidade a contra, o Xiria foi dominador do partido dende o comezo anotando con facilidade e pechando as accións ofensivas do rival que insistían en xogar co pivote e cos xogadores desdobrados ante o pouco lanzamento exterior que amosaron.
A diferenza no marcador na primeira parte fixo que os de Carballo afrouxaran na volta dos vestiario permitindo o gol con facilidade ao Reconquista, o Xiria seguía a marcar sen dificultade e foi reservando forzas para o compromiso deste luns ante o Balonmán Atlántico

Balonmán Reconquista Vigo 28 (8): Alexandre Dominguez, Pedro Alvarez, Sergio San Millán 3, Diego Armesto 6, Rafael Lowe 3, Héctor Rodríguez 2, David Alvarez 2, Sergio Reinaldo 11, Aaron Rodríguez.

Grupo Lemaco Xiria 42 (22): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 5, Manu Pérez 7, Pablo Veiga 4, Pablo Suárez 5, Diego Mourelle 1, Dani Bello 3, Angel Villar 2, Henrique Traba 3, Miguel Cambón 2, Manu Rey 3, Marcos Amarelle 3 e Chema Negreira 4.

Arbitraron: Víctor Rivera e Danijela Savic

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto