O ALS B chegaba a Culleredo mermado polas baixas e consciente de que contra os líderes do grupo ía a ter que facer un grandísimo partido para sacar algo positivo.
O partido arrancou con unha gran defensa dos carballeses, que eran contundentes dentro da liña de 9m. No ataque posicional os de carballo non cometían erros, pero tiñan dificultade á hora deser verticais de cara á portería. Con todo o Culleredo foi quen de acadar as primeiras ventaxas facendo excesivo dano aos de carballo con lanzamentos alonxados. Neste intre do partido rompiuse un pouco o partido a prol do equipo local.
Á volta dos vestiarios os de carballo volvían a mostrar carácter dende a defensa e non se querían descolgar do partido, en ataque xa comezaban a atopar situacións claras de lanzamento pero estaban a ter demasiados erros de lanzamento, erros que os penalizaron moito no marcador final. Con todo, a diferenza de outros partidos os de carballo mostraron un carácter combativo ata o final do partido. O resultado final 35-28 non fai xustiza ao digno partido que amosou o ALS B.