Importantes puntos para o ALS A

O ALS A tiña este domingo un partido importante se quería manterse na zona nobre da táboa e ir asentándose nos postos que dan acceso a un play-off de final de tempada.

Con todo os carballeses saíron ao partido totalmente desconcentrados, recibiendo un parcial de 0-3 en 1.30 min. A partires de ahí unha mellora na actitude e no nivel defensivo fixo que pouco a pouco os carballeses lle foran dando volta ao marcador. Xa máis asentados na defensa, e con un pouco máis de acerto no ataque os carballeses podían poñer terra de por medio ata o 15-10 ao descanso.

O comezo da segunda metade os carballeses mostráronse serios e concentrados e non deixaron en ningún momento que os do rosal se puideran acercar no marcador. Así, o ALS completou unha segunda metade sen moitos sobresaltos e puido conseguir uns valiosos puntos de cara a clasificación. Resultado final 30-22.