Duro partido na Sangriña para o Nordata Xiria

MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS 33 – 15 NORDATA XIRIA

Décimo segundo partido de Liga Ouro contra as líderes. Comezaban o partido ambos equipos moi activas e con moi boas accións tanto en ataque como en defensa, máis o maior acerto defensivo do Nordata Xiria facía que o marcador na primeira metade do primeiro tempo estivera a favor das verdinegras. Estaban a facer un traballo defensivo excepcional que se vía recompensado no ataque con boas penetracións e situacións fáciles en 6m de lanzamento. Pero algo cambiou na segunda metade do primeiro tempo tras un par de lanzamentos fallados, que facían cambiar por completo as tornas e chegar ao descanso cun 16-7 no marcador a favor das do Guardés. 

Na segunda parte, e cun marcador difícil, as do Nordata non baixaron os brazos en ningún momento, pero non foi suficiente para remontar contra un equipo que se mantén invicto na Liga Ouro. 

A próxima xornada reciben na casa ao Bm. Culleredo Sutenor. 

Nordata Xiria: Ana Velo, Sara Trigo, Lucía Castiñeiras (4), Natalia Varela (5), Sara Pallas, África Gómez (1), Mara Vidal (3), Inés Cabeza, Zaira Longueira, Aroa Lista (1), Eva Vidal (1).