Maquisaba pecha a Liga cunha vitoria in extremis

Maquisaba pecha a Liga cunha vitoria in extremis

O Xiria encaraba a derradeira xornada da tempada cunha plétora de xogadoras de categoría inferior e numerosas rotacións para manter un ritmo de xogo alto, máis o comezo de partido non foi favorable as locais debido a falta de intensidade defensiva. As dúbidas no contacto e a escasa activación deixaron a porta aberta a un Brigantium que acadaba cinco goles en apenas tres minutos.

O aumento da anticipación defensiva tras o tempo morto e as constantes rotacións recortaron distanzas no electrónico, chegando ós vestiarios cun empate técnico (14-14) e unha gran carga física que lastraba o conxunto visitante.

Na segunda metade as coruñesas volveron tomar os mandos do partido pola incapacidade de anotar do Maquisaba ante a compacta defensa 6:0. Con dous tantos anotados durante os primeiros dez minutos, numerosos erros de lanzamento e perdas non forzadas, o Xiria sufría unha diferenza de cinco goles que amenazaba os puntos. Sin embargo, o cambio a 3:3 deu alas a un equipo que foi xeneroso coas axudas e pechaba as vías de auga en todo o bloque central, recuperando o esférico e anotando nas transicións.

O Maquisaba pechaba a cancela nos últimos compases do encontro, onde Icía colocaba o esférico na rede a falta de trinta segundos do final para tomar a dianteira. O Brigantium tivo a oportunidade nun golpe franco a tempo corrido para empatar o encontro, pero as mans de Sofía Trigo desviaron o balón e deixaron os puntos na casa.

MAQUISABA XIRIA 27 – 26 BM. BRIGANTIUM NUNEGAL