Empate do Grupo Lemaco en Pontevedra

SD Teucro 33 – Grupo Lemaco Xiria 33 – (14-16)

Dominou o Xiria durante todo o encontro ao seu rival, pero na recta final e a falta de tan solo 3 minutos, desperdiciou unha renda de 4 goles.

Saíu con gañas o equipo carballés tomándolle o pulso ao seu rival, con soltura no ataque ante a defensa 6:0 do Teucro que poñía en demasiados apertos aos xogadores do Grupo Lemaco, a base de combinacións e boas posicións de lanzamento ían acadando goles con facilidade, pero faltaba axustar a defensa ante uns xogadores pontevedreses de maior envergadura. Un axustado 14 a 16 daba vantaxe momentánea ao Xiria pero con todo pendente para a segunda metade.

Tornaría a defensa o Teucro na volta de vestiarios, con un 5:1 profundo e por veces con mixta sobre algún primeira liña do seu rival, pero mantiña a distancia no marcador o Grupo Lemaco, resolvendo eficazmente no ataque. Chegábase a unha recta de final de partido cunha diferencia de catro goles a favor do Xiria, que parecían ser suficientes para certificar a vitoria, pero a falla de concentración con varias decisións equivocadas e precipitadas no ataque en inferioridade tras unha exclusión, deron a oportunidade ao Teucro de empatar.

Teucro 33 (14): Eduardo Lares e David Rodríguez (porteiros) , Juan Estévez 3, Gonzalo Domínguez 7, Juan Piñeiro 6, Sergio Pérez, Mario Chan 4, Daniel Gómez 10, Javier Codina 1, Diego Mendoza, Tomás Omil, Uxío Vieites, Luis Rozadas, Marlon Barco e Esteban Carballido 2.

 

Grupo Lemaco Xiria 33 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez, Alex Gómez 13, Pedro Pereira 11, Iago Rincón 5, Renzo Díaz , Adrián Mesejo , Brais Vila 2, Mario Rincón, Andrés Urbieta 1, Manuel Varela, Franco Rial 1

 

Marcador cada 5 min: 1-2 / 4-5 / 6-9 / 9-12/ 11-13 / 14-16/ 17-20 / 19-22 / 23-24/ 24-27/ 28-30/ 33-23

 

Arbitraron: Aarón Sestay e César Díaz , determinantes na remontada local, excluíron a Juan Estévez e a Tomás Omil polo Teucro e a Pedro Pereira (2),  Alex Gómez e a Brais Vila polo Xiria