Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

O Laber Xiria perde dous puntos nun encontro igualado

Era importante a vitoria do Laber Xiria na cancha do Teucro por varios motivos: volver coller confianza despois de dúas derrotas consecutivas, gañar a un rival directo fóra de casa…

Era importante a vitoria do Laber Xiria na cancha do Teucro por varios motivos: volver coller confianza despois de dúas derrotas consecutivas, gañar a un rival directo fóra de casa e non permitir que a parte de arriba da clasificación apértese aínda máis. Pero o fin de semana non saíu ben para os xuvenís do Laber Xiria e nun partido igualado, no que case sempre estiveron por detrás no electrónico, terminaron cedendo os dous puntos ante un Teucro que estivo máis regular nos momentos craves. Ben é certo que os de Carballo comezaron ben o partido, mostrándose poderosos nas tereas defensivas e con mobilidade e continuidade de balón no ataque, pero no meridiano deste tempo e despois de dous claros lanzamentos errados por parte dos verdinegros que os pontevedreses aproveitarían para poñerse por diante, as cousas xa non foron igual. Nas dúas áreas, as decisións comezaron a ser máis individuais e se na retagarda comezábase a botar en falta as axudas ante a insistencia nos 1×1 do ataque local, no posicional ocorría o mesmo cos lanzamentos precipitados e a falta de xogo colectivo. O partido movíase nun e dous goles de diferenza (9-8 minuto 25) e foi precisamente a falta de xogo colectivo e o exceso de accións precipitadas, as que regalaban un 4-2 nos últimos momentos do primeiro acto que deixaban o marcador 13-10 no tempo de descanso, unha renda que a longo prazo, sería definitiva. Ben é certo que o Laber Xiria saíu na segunda parte disposto a dar un arreón e liquidar desde o inicio os erros cometidos ao final do primeiro tempo e un 2-4 de parcial no primeiros cinco minutos facía albergar certas esperanzas, pero o xogo seguía sen ser fluído e sobre todo, na retagarda, carente de basculación defensiva e axudas, continuábase sufrindo o xogo de 1×1 que agora xa buscaban os xogadores do Teucro de forma descarada. As accións individuais eran as únicas que levaban perigo á portería rival e así se conseguía a igualada no quince da continuación (19-19), pero esas mesmas accións eran as que nos últimos instantes afastaban aos de Carballo da posible vitoria. O Laber Xiria segue desta forma no terceiro posto da clasificación, a dous puntos do primeiro e segundo clasificado, que a semana que vén enfróntanse entre eles e seguido de preto, a tan só un punto polo Teucro.
A semana que vén, novo desprazamento dos xuvenís de Xiria, esta vez a Vigo para enfrontarse ao BM. Carballal, un encontro que marcará o inicio da segunda volta e onde o Laber necesita a vitoria para seguir nos postos de privilexio.

SD. Teucro: 27 (13+14). Miguel Acuña Manuel Escudero, Martín Suárez (1), A.R. Rafael De Sousa, Pedro Sánchez (6), Luis Araujo (6), Javier Noya, Alejandro Gómez (8), R. Pacheco Steinunnarson, S. Lorenzo Varela (3), Renier Schipper (3), Gonzalo Domínguez, Eduardo Ameijeiras (3), Anxo Alonso, Mario Chan, Pedro Schipper.

Laber Xiria: 24 (10+14). Antonio Mato (p), Samuel Castiñeiras (p)(p), Carlos Vilanova (7), Juan Carlos Rodríguez (5), Manuel Souto (p), Andrés Vila (5), Roi Alfeirán (2), Ronaldo Durán (2), Francisco Rey (3), José Varela, Santi Oreiro, Andy Rey, Manuel Sánchez. Pedro Pereira, Alejandro Gómez, Andrés Urbieta.

Parciais cada 5´: 0-2/ 2-2/ 4-3/ 6-6/ 9-8/ 13-11**/Descanso/15-14/ 17-15/ 19-19/ 23-22/ 24-22/ 27-24/Final.**

Colexiados: Cesar díaz e Aaron Sestay. Ben, sen complicacións.

Incidencias: Último encontro da primeira volta da liga de División de Honra na categoría xuvenil, disputado no Multiusos de Pontevedra ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.

Fotos Do Encontro:

dsc_0818-1

dsc_0819-1

dsc_0821

dsc_0822-1

dsc_0824

dsc_0825-1

dsc_0829-1

dsc_0834

dsc_0835

dsc_0836

dsc_0837

dsc_0838

dsc_0840

dsc_0843

dsc_0847

dsc_0850

dsc_0851

dsc_0852

dsc_0853

dsc_0854

dsc_0855

dsc_0865

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto