O Laber B máis regular da tempada consegue a vitoria fronte ao Lucense

LABER B 31- LUCENSE 28

O Laber B desputaba a derradeira xornada de liga Prata nun horario unificado o domingo ás 18:30h da tarde. O equipo carballés afrontaba este partido con gañas de continuar na liña de mellora grupal que viñan acadando.

O comezo do partido foi moi serio por parte do Laber, con unha boa intensidade defensiva e opoñéndose con contundencia ás accións dos xogadores de gran talla do Lucense. A maiores, o ataque tiña unha gran mobilidade con poucas perdas de balón que tan só se vía empañado polos erros de lanzamento. Con todo co paso dos minutos o Lucense buscou situacións no xogo co pivote e con dobre pivote, situacións que lle facían máis dano aos carballeses e que facían que se chegase ao tempo de lecer co marcador de 15-16.

A saída dos vestiarios o Laber axustou as situacións co pivote e mostrouse máis activo defensivamente o que fixo que conseguira recuperar balóns e  poder correr contras. Así, o Laber púxose por diante no marcador e mostraba un xogo con poucos erros. Chegando ao final do encontro e derivado do cansanzo acumulado o Laber realizaba máis erros defensivos, con este motivo o partido igualouse nos últimos minutos pero o Laber soupo manter o xogo e isto fixo que os puntos se quedasen en Carballo.

Gran partido destes rapaces, con un equipo de primeiro ano e cadetes que mostraron que o bo traballo dos adestramentos á larga transformase en mellora aínda que sexa pouco a pouco.