Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Cadete masculino

Empate entre o Culleredo e o Grupo Lemaco

15ª xornada da Liga Galega Ouro Balonmán Culleredo 32 – Grupo Lemaco Xiria A 32 – (18-18) A igualdade dominou no transcurso dos 60 minutos no pavillón de Tarrio cullerdense.…

15ª xornada da Liga Galega Ouro

Balonmán Culleredo 32 – Grupo Lemaco Xiria A 32 – (18-18)

A igualdade dominou no transcurso dos 60 minutos no pavillón de Tarrio cullerdense.
Primeira metade de moito ritmo onde os ataques se impuxeron claramente as dúas defensas que dispuxeron ambos equipos. O Grupo Lemaco viuse incapaz de frear as arremetidas dos locais que marcaban con demasiada facilidade, tan so a faceta anotadora do Xiria o mantiña no encontro.
Na segunda metade o Grupo Lemaco optou por saír a apremar máis arriba pero deixou moi so ao seu defensor central que se viu incapaz de frear a un pivote con tanto espazo. No ataque a pesar de que o Culleredo tamén baixou intensidade na defensa o Grupo Lemaco non tivo o día de cara a gol, perdoando moitas accións claras diante da portería.
Reparto de puntos en xogo, pero perda de un punto para o Xiria nunha recta final de Liga Ouro onde todo conta para estar arriba na clasificación.

Balonmán Culleredo 32 (18): Rubén Gantes, Marco González, Lucas Sánchez, Aaron Blanco 2, Marcos Regueiro 11, José Martínez 1, Ivan Sánchez 1, Adrián Veira, Teo Calvo 1, Samuel Seijas 12, Daniel González, David Martínez 3 , Diego del Rio 2, Anxo Negreira e Alejo Martínez

Grupo Lemaco Xiria 32 (18): Antón Pardiñas (porteiro), Xurxo Fraga 3, Pablo Veiga 6, Diego Mourelle 2, Hugo García 5, Marcos Suárez, Dani Periscal 1, Henrique Traba 9, Miguel Cambón, Manu Rey 7 e Marcos Amarelle.

Arbitrou: Raquel Pita

Próximo partido

Máis sobre isto