Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

As nenas do Punta del Este Xiria continúan coa racha de resultados

Unha semana máis, e xa van oito seguidas, os equipos de Liga Ouro e Liga Prata volveron a sumar sendas vitorias, afianzándose na clasificación e soñando unha semana máis ca…

Unha semana máis, e xa van oito seguidas, os equipos de Liga Ouro e Liga Prata volveron a sumar sendas vitorias, afianzándose na clasificación e soñando unha semana máis ca posibilidade de meterse na Final Four de maio.

As nenas de Ouro conseguiron a oitava seguida na sempre difícil pista do Bm. Carballal. Despois dun mal comenzo, encaixando tres goles seguidos, as carballesas foron entrando no partido, unha vez se foron acomodando ante a defensa aberta das viguesas. Chegado o descanso, foron quen de voltear a situación e marcharse xa por diante(10-11). Na reanudación, as de Zarra abriron distancia pero de novo as viguesas, aproveitando os erros de lanzamento visitante conseguiron mandar de novo no electrónico. Aínda lle quedaría un cambio de marcha o Punta del Este para terminar por levarse dous puntos que os encaraman a cuarta posición da Liga Ouro.

Máis doado foi para as nenas de Prata que lograron impoñerse ante o Salceda de Caselas, na que foi a súa decimoterceira vitoria seguida da tempada.

O Vila de Noia foi escenario dun inicio frenético, onde as carballesas marcaron distancias xa desde o inicio(5-1,min. 10). As verdes tiveron o encontro en todo momento controlado, permitindo moitas rotacións e probaturas de cara aos vindeiros encontros. O resultado final (24-15) coloca as de Zarra unha semana máis como líderes desta liga Prata a cinco puntos do segundo, o Bm. Lucense.

Esta semana o Punta del Este Xiria A recibirá o UB. Lavadores na casa, mentres que o Punta del Este Xiria B visitará a cancha da SD. Teucro.

Máis sobre isto