Un combativo Laber B cae nos últimos minutos

SEIS DO NADAL 31 – LABER XIRIA 29

O Laber B tiña un viaxe atípico a Vigo para enfrontarse ao Seis de Nadal, con xogadores que viaxaban directos dende outro partido.

A actitude do equipo no comezo do partido foi moi boa, con unha defensa con salidas que buscaban recuperar a posición defensiva de maneira rápida e con boa comunicación. No ataque, a pesares de xogar máis estáticos e non ser capaces de manter unha mobilidade elevada conseguíase chegar a situacións de lanzamento. O transcurso da primeira metade so tivo un paréntesis en canto a actitude do xogadores carballeses e foi nos últimos 10 minutos da primeira metade e isto fixo que o Seis do Nadal collera unha boa renta no marcador.

Na segunda metade os carballeses sacaron o carácter e conseguiron pouco a pouco ir remontando o partido con moita garra. Unha defensa con moitas axudas que empurraba dende os exteriores e que axudaban á portería sumado ao aumento do acerto no ataque facía que chegaramos aos últimos minutos do partido con moita igualdade e tensión. Deste xeito podemos disfrutar de uns instantes finales do partido moi reñidos e competidos. A pesares da entrega do carballeses o resultado final foi de 31-29 pero o Laber mostrou que con intensidade e garra pode pelexar todos os partidos.