Encontros complicados en categorías base

O Calvo Xiria recibe este Sábado a visita do Calmear Rasoeiro do Grove. O encontro dará comezo ás 20:00 h e supoñerá un reto máis para que os de Carballo sigan invictos e no máis alto da táboa clasificatoria. O obxectivo volve ser os dous puntos en xogo, para non ceder no particular doio que os carballeses manteñen co Construcciones Castro no alto da táboa e desta forma, manter igualmente a diferenza de tres puntos co Lalinense e o Unión Financera Oviedo, que precisamente esta fin de semana mídese ante o conxunto olívico de Lavadores. Son todos eles suficientes motivos para que o Calvo Xiria salga desde o primeiro minuto con seriedade e concentrado ante un conxunto, o do Grove, que ocupa os postos baixos da clasificación e ante a necesidade de puntos pode converterse nun equipo perigoso. Os de Carballo deberán de apontoar a parcela defensiva para evitar sorpresas e manter unha regularidade en canto ao xogo colectivo durante os sesenta minutos.

En senior feminino, acábase de confirmar o aprazamento do encontro que estaba previsto para este Sábado entre o Goldie Xiria e a SAR Ledisson de Redondela, por expresa petición do conxunto visitante. Os dous equipos, de acordo co que dite a federación galega de balonmán, concretarán unha nova data para a disputa deste partido.

Xa en base, os nosos teñen complicados desprazamentos a Vigo e Bueu:

Difícil compromiso para o Laber Xiria, visita a cancha do Seis do Nadal, primeiro clasificado ata o momento e un dos candidatos ao título esta tempada. O bo momento dos carballeses, cos derradeiros tres partidos gañados, invítaos a porqué non, plantarlle cara ao rival e intentar sacar algo positivo do desprazamento a Vigo. Será importante non excederse nas perdas de balón e amosarse sólido e contundente na defensa. O encontro disputarase o Sábado as 12:45 no Municipal de Coia.

O Grupo Lemaco Xiria enfróntase esta fin de semana ao Bueu Atl. Faio a domicilio o Sábado ás 11:15. Na clasificación xeral os dous conxuntos marchan en polos opostos; mentres os de Carballo loitan polos postos de cabeza, os de Bueu van antepúltimos. Deberá desconfiar o Grupo Lemaco e saír cos 5 sentidos postos no partido, xa que os locais posúen facilidade goleadora. Importante despois dunha semana sen xogar, recuperar o ritmo de xogo os máis rápido posible e atoparse cómodos e unidos en defensa. Dous puntos importantes antes das vacacións de Nadal.

Tamén en Cadete Masuculino, disputarase un partido Amigable entre
Arteixo Parrillada La Ronda e Grupo Lemaco Xiria o Domingo as 10:00 no pavillón de Meicende (Arteixo).

Na categoría infantil masculina, o Garaysa de División De Honra tamén viaxa a Bueu para tentar batir ao conxunto local, Bueu Atl. Maco Electricidade no pavillón de Beluso al 10:00h e o Marmolería J. Rey, fará o propio no pavillón de Galán – Oseiro o mesmo día as 09:45 ante o Arteixo Telepizza.

En feminino, as infantís do Punta Del Este reciben o Domingo ao BM Porriño. O encontro terá lugar no pavillón Vila de Noia as 10:30. Presentaselle un encontro complicado o Punta del Este Xiria xa que o Porriño vai nunhas posicións mais altas, ainda así as carballesas están loitando cada partido e demostrando a súa valía. Veñen de realizar uns encontros moi bos ainda que os resultados non acompañaron. Este domingo teñen de seguro seguir na mesma liña, loitar ata o partido correxindo as precipitacións en ataque sobre todo nos últimos minutos.

Por último, a competición de BM5 dos benxamíns e Alevíns, retoma a súa actividade e, desta forma, o Sábado poderemos disfrutar dunha xornada c2s máis prquen@s en Santa Comba, concretamente no pavillón A Fontenla. Os horarios dos partidos son os seguintes:

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa, xornada.3
Sábado 15/12, pav. A Fontela, Santa Comba

– Bm Xallas – Xiria Mr. Nutrición, 10:00
– Ribadosar Alca Omega – Xiria TLM, 10:45
Xiria Aislamientos San Juan – Ribadosar Alca Epsilon, 11:30

 

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa, xornada.3
Sábado 15/12, pav. A Fontela, Santa Comba

– Camariñas – Xiria Garaysa, 10:00
Xiria Grupo Lemaco – Camariñas B, 11:30
– Ribadosar Alca – Xiria Telepizza Carballo, 12:15
Xiria Lista – Ribadosar.es, 12:15
– Bm Xallas – Xiria Laber, 13:00