Fases Finais dos Campionatos Provinciais Alevín e Benxamín

O vindeiro sábado, 2 de xuño, disputaranse no Pavillón da Zona Escolar de Carballo as Fases Finais dos Campionatos Provinciais Alevín e Benxamín. A xornada comezará as 10.30 h cos primeiros encontros e rematará ás 19.30 h coa entrega de trofeos.

Na Fase Final Alevín participarán 8 equipos divididos en dous grupos. No Grupo A estarán os equipos que pelexarán polo título e polos postos do 1º ao 4º, polo sistema de liguiña. Os aspirantes ao título son o Caixanova Xiria A, Caixanova Xiria B, Tirso de Molina e Club Balonmán Ferrolterra-San Xoan.
Os equipos do Grupo B pelexarán polos postos do 5º ao 8º. Estes equipos son o CEIP Fogar, ANPA San Martiño, Esc. Mpal. de Camariñas e Club Balonmán Narón.

Na Fase Final Benxamín tomarán parte os equipos do Caixanova Xiria A, Caixanova OAR A, Esc. Mpal. de Camariñas e CEIP Fogar, que se disputarán o título tamén polo sistema de liguiña.