Gran partido do Laber Xiria e vitoria sobre o Cisne

Laber Xiria 32 – Cisne Colegio los Sauces 29 (14-14)

Partido completo dos xuvenís do Xiria que esta vez si lograron manterse como un equipo competitivo durante os 60 minutos de encontro.

A igualdade do inicio do partido ía a ser a tónica durante o transcurso do mesmo, as máximas diferenzas nunca pasaron de 2 ou 3 goles, pero foron os locais os que na recta final do encontro atoparon a maneira de facerse co triunfo.

Comezaba o Laber ben asentado na defensa 6:0 arroupando aos seus porteiros que brillaron debaixo dos paos, o que daba certo respiro para xogar con soltura e continuidade no ataque, olvidándose da precipitación, o Xiria era capaz de elaborar ata conseguir boas opcións no lanzamento, a vez soubo correr a contra e dar ese puntillo de eficacia no xogo rápido.

Tras as táboas do descanso co empate a 14, o Cisne optou por premer sobre dos lanzadores e poder roubar algún que outro balón para saír a contra, aí o Laber Xiria amosou versatilidade no xogo de ataque, combinando ben coa segunda liña, pivotes e extremos e acadando moitas veces a liña de seis metros para o lanzamento. Os minutos trascorrían e o Xiria aguantaba no marcador, cando a falla de 10 minutos pegaba o arreón final, apremando en defensa e materializando as ocasións de ataque. O Laber Xiria íase de 3 goles no marcador pero ante as protestas inxustificadas do Cisne, os árbitros cedían e outorgaban un gol inexistente aos pontevedreses, polo que a diferenza reducíase a dous goles, a pesar delo os minutos finais os carballeses controlaron a situación e fixéronse coa vitoria.

Grupo Lemaco Xiria 32 (14): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Alex Gómez 11, Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 10, Dani Mallo, Franco Rial 3, Diego Antelo, Aaron Rodríguez, Brais Vila 1, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 3 e Manuel Rama.

Balonmán Cisne 29 (14): Anxo Fraga e Javier Muñoz (porteiros) , Ivan Pérez 2, Carlos Costa, Carlos Alvarez 2, Juan Cuenca 1, Víctor Fernández 10, Sergio Alvarez 4, David Sineiro 2, Ricardo González 1, Manuel Suárez, Mateo Arias 4, Jaime Leira 1, Diego García, Angelo Da Silva 1 e Bruno Neves.

Marcador cada 5 min: 3-3 / 5-5 / 7-8 / 10-9/ 12-12 / 14-14/ 16-16 / 19-20 / 22-22/ 24-24/ 28-27/ 32-29

Arbitraron: Henrique Folgoso e Gabriel Folgoso, sen complicacións.