Heroica vitoria do Calvo Xiria no último suspiro

O senior feminino perdía por dous tantos a falta de dous minutos para o desenlace, pero a loita das carballesas fai posible a vitoria nunha pista moi difícil para as nosas.

O encontro foi de tanteo constante. O Xiria dominaba no xogo, pero as moañesas, moi eficaces de cara  a porta, impedían coller distancia no marcador. O xogo rápido carballés na primeira metade, dominado por Marta e Elena na faceta goleadora, tiña resposta nas accións dous contra dous locais. Con todo por decidir, chegábase ó descanso cunha vitoria carballesa pola mínima 16-17.

As carballesas saían coma foguetes na segunda metade, acadando una renda de tres tantos grazas ó bo traballo defensivo. O Samertolameu volvía por a igualdade no encontro, cunha gran actuación da porteira. O desenfreo goleador da primeira metade tivo a contrapartida entre nos minutos 40 e 50 onde só se anotaron dous tantos  (23-23) e deixaba todo por decidir nun final de infarto.

O Samertolameu parecía máis firme no desenlace, acadando unha renda de dous goles a falta de só dous minutos para o desenlace. A boa defensa 5:1 do Xiria neste último tramo, permitía poñer o empate a 30 a falta de menos dun minuto e con posesión para os locais. Nun bo ataque, o conxunto moañés acada un 7 metros e exclusión, a vinte segundos do final, co que parecía que o encontro quedaba sentenciado. 

Vinte segundos moi longos, onde o erro nos sete metros, co balón petando na madeira, habilitaba un rápido contraataque liderado por Lara, quen cedeu o balón a Alba e consegui fixar ata a tres xogadoras rivais para habilitar o lanzamento de Elena dende o extremo dereito. Gol e vitoria moi traballada do senior feminino que segue dando pasos de xigante semana a semena.

O próximo sábado ás 16:45, o Calvo Xiria volve ó Vila de Noia para medirse ó AD Carballal no derradeiro encontro do grupo C da Copa Sponsor.