Tras a primeira derrota da Liga, o Hierros Varela voltaba ó Vila de Noia con ganas para medirse co Atlántico. Xa dende o comezo do partido quedou patente que os ataques serían moi superiores ás defensas. Co obxectivo de buscar as transicións, o Xiria levaba ritmo de gol por minuto chegando ó descanso cunha cómoda diferenza (29-20) que non deixaba bo sabor de boca pola cantidade de penetracións sen resistencia atopadas pola primeira liña de Oleiros.
Na segunda metade os trocos e os cambios de rol non surtiron moito efecto nun encontro sentenciado pola velocidade. As boas e numerosas intervencións en ambas metas non foron suficiente para frear o frenesí de goles.
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA 51 – 37 CLUB BALONMANO ATLÁNTICO
Restan tres xornadas para a finalización da primeira volta e o Xiria dependen de sí mesmos para acadar o primeiro posto do Grupo A, pero teñen por diante os rivais máis duros, incluindo rivais directos e todo pode pasar no desenlace dunha Fase de Liga Prata fermosa con bo nivel de xogo.


