Importante triunfo do Grupo Lemaco Xiria A diante do Oar-Ciudad

Oar Ciudad 25 – Grupo Lemaco Xiria A 30 (11-16)

Coa suspensión da primeira xornada, este partido convertíase no debut para estes xogadores logo de 8 meses inactivos, o que creaba incertidume no rendemento que podía dar o grupo e máis a domicilio ante un rival coma os coruñeses.
O Xiria foi marcando o ritmo do encontro, movendo a bola con continuidade no ataque ata ter opcións boas de lanzamento, así mesmo en defensa arroupados polos seus porteiros, foron limando goles de diferenza a favor e chegouse ao descanso cun cómodo 11 a 16, que non daba a vitoria pero marcaba por onde se tiña que producir.
No inicio da segunda metade o Oar volveu a verse superando, cedendo a máxima diferenza ante o rival, oito goles, o bo facer da primeira liña carballesa propiciaba que Angel Viña se lucise no lanzamento exterior. Tan so unha reacción de poucos minutos achegaba aos coruñeses a 4 goles, pero o control do Grupo Lemaco deixou o marcador definitivo con eses 25 a 30 goles.

Oar Ciudad 25 (11): Daniel Garea, Besay Almeida, Ivan Alfonso, Joel Rábade 3, Martín Rodríguez, Ignacio Seijo, Adrián Pérez 10, Marcelo Gil 1, Alejandro Vasallo 2, Derek Capelo, Cristovo Castro e Efren Viaño 9.

Grupo Lemaco Xiria A 30 (16): Mateo Pallas e Alex Vázquez (porteiros), Samuel Veiga 3, Erik Vázquez 3 , Angel Viña 15, Samuel Regueira 2, Alberto Rodríguez 2, Nicolás García, Manuel Rey, Pablo Veiga 4, Xurxo Fraga 1 e Marcos Amarelle

Arbitraron: Pablo Cividanes e Héctor Piñeiro