Mal partido do Marmolería José Rey Xiria

Mal partido do Marmolería José Rey Xiria

Dura derrota do Marmolería José Rey Xiria ante o Bm Culleredo, non tanto polo marcador, pois xogaba ante un equipo con moita máis capacidade física e antropométrica, senón pola motivación ca que saltou ao terreo de xogo, dando por feito que non podería acadar nada positivo no partido -claro que houbo excepcións, e cada xogador debe de saber cal foi o seu papel-. Deberán tirar bo proveito deste encontro os xogadores carballeses , e asumir que ante cada rival, independentemente do resultado, deben de entregarse ao 100% para conseguir ser mellor equipo e mellores xogadores co paso das semanas. Unha mágoa logo dun inicio de liga, á marxe dos resultados, no que se tiñan entregado en cada acción de xogo. Queda moita liga por diante para demostrar que esta situación foi puntual, e estamos seguro que así ocorrerá.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Almeiras cun centenar de seareiros nas bancadas, con gran número de seguidoras e seguidores carballeses. Colexiado: Wallace Moreira de Salles do colexio galego.

CULLEREDO 46 (18+28): Óscar Bello, Martín Insua, PAblo Gómez, Daniel del Río, Gabriel Vidal, Asier Blanco, Julián González, Marco García, Guillermo Seijo, Charlie Zas, Francisco García, Adrián Díaz.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 9 (2+7): Mateo Pallas (p), Alejandro Vázquez [p], Andrés García, Alex Puñal, Anxo Canosa, Miguel Goimil, Martín Fuentes, Asel Cambón, Juanma Fajardo, José Alberto Suárez, Esteban Puñal.