Asembleas Real Federación Española de Balonmano e Federación Galega de Balonmán
José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, asiste mañá, xoves 1 de decembro, á Asamblea Xeral Extraordinaria da Real Federación Española de Balonmano, na que se decidirá o…

José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, asiste mañá, xoves 1 de decembro, á Asamblea Xeral Extraordinaria da Real Federación Española de Balonmano, na que se decidirá o futuro do balonmán español para os vindeiros catro anos. Nesta asemblea será elixido o presidente da federación así como as distintas comisións: comisión delegada, deportiva, etc. O lugar de celebración será a sede do Comité Olímpico Español en Madrid.
Tras a asemblea, José Antonio Rodríguez trasladarase á sede do Consello Superior de Deportes para asitir á presentación oficial do equipo nacional absoluto feminino “#las guerreras” que participará en próximas datas no Campionato de Europa de Suecia.
Escolas Balonmán Xiria é un dos catro clubs galegos con voz e voto na RFEBM, xa que foi elixido, xunto con Bm Cangas, SD Teucro e Bm Porriño, polo conxunto de clubs da comunidade, para representar os intereses do balonmán galego diante no máximo órgano rector do balonmán nacional.
E na tarde do venres, 2 de decembro, en Vigo, terá lugar a Asemblea Extraordinaria da Federación Galega de Balonmán na que se tratarán varios asuntos, entre eles a aprobación dos orzamentos do ente federativo para o 2017.


